|
Despois de vinte anos de actividade teatral
profesional, TEATRO DE NINGURES (fundada en 1.986) reune unha serie
de recursos humanos, técnicos e materiais que fan desta compañía
unha das máis estables de Galicia e un punto de encontro
imprescindible para os profesionais do sur do país, así como unha
referencia no panorama teatral galego
TEATRO DE NINGURES conta neste momento cun elenco estable, que
traballa nas distintas obras que a compañía mantén en cartel,
formado por cinco actrices, cinco actores e dous técnicos. Todos
eles gozan de recoñecido prestixio dentro do mundo do teatro galego,
con premios e mencións ó seu traballo. Ademáis é unha empresa na que
traballan actores, técnicos e creadores de toda Galicia, pero
fundamentalmente da provincia de Pontevedra, tendo nesta compañía un
centro de traballo indispensable. Deste xeito, esta compañía
posibilita a saída profesional e artística de moitos profesionais de
toda Galicia, intentando nos últimos anos integrar xente nova,
apostando por novos valores para a escena galega, contribuíndo a súa
formación e á normalización do mercado de traballo teatral.
TEATRO DE NINGURES é tamén a compañía galega na que sistemáticamente
ven realizando o seu traballo artístico un profesional de talla
internacional como é o director Etelvino Vázquez, consolidando un
equipo de traballo estable, encabezado polos actores e
actrices socios da compañía: Casilda García, Pepa Barreiro, Sonia
Rúa e Salvador del Río, que posibilita a creación dunha liña
artística coherente, profundizando no traballo de grupo como unha
vía posible para a creación dun estilo de traballo e dun estilo
artístico recoñecible.
|