O desembarco dos turcos. María Soliña
O desembarco dos turcos. María Soliña
05/07/2009
No ano 1617, no mes de decembro, varias escuadras de piratas turcos-berberiscos asolaron a ría de Vigo. Despois de arrasar Domaio, chegáronse a Cangas queimando a igrexa-colexiata, o hospital e gran parte da vila. Saquearon, mataron, violaron ás mulleres e ao marchar levaron un abundante botín e a ducias de persoas cara ao cautiverio. O pobo quedou asolado, a poboación diezmada e a economía quebrantada. Os anos vindeiros serían de depresión, de fame, de medo e de dor. Foron moitas as consecuencias daquela invasión. Entre os mortos atopáronse Antón Soliño e o seu cuñado Pedro Barba, irmán e marido de maría Soliño, quedando esta pois viuva e posuidora de todos os seus bens.
Catro anos máis tarde foi enviada á Inquisición, testificada por doce testemuñas que a acusaron de bruxería, de ter tratos co diaño. Despois de ser sometida ao tormento, declarou que era bruxa e meses máis tarde foi sentenciada á confiscación de todos os seus bens e a levar o hábito de penitente durante seis meses, pero María morreu o mesmo día no tormento... Para poderen celebrar o “auto de fe” fixeron un boneco que a representaba e foi paseado ao lombo dun burro polas rúas de Santiago.
Xerardo Dasairas, na revista “María Soliña”, de teatro de Ningures apunta con acerto que foi da man da historia primeiro e da literatura despois, que esta personaxe acada unha dimensión universal.
No ano 1989 e despois de ter dado os seus primeiros pasos Teatro de Ningures, non pode resistirse a poñer en pé, e nunca mellor dito, a erguer a pira de María Soliña nas táboas dun escenario. Chamámoslle daquela poema dramático e sí ,era un poema dramático, un poema de amor e odio, no que o amor trascende alén da morte, pero os “muros de noite” logran erguerse deixando só “sonos de medo” e sombras e noite.
Hoxe, vinte anos máis tarde, os turcos amarran de novo no peirao, as gavotas sobre Cangas, a voz do vento, María, e María instálase de novo baixo os tellados de Cangas a espreitar as ondas do mar, e de novo Teatro de Ningures volve remexer na necesidade de rescatala, e desta vez polos camiños de Cangas.
Hoxe, vinte anos máis tarde e catro séculos máis tarde, os barcos seguen a ser amarrados nos peiraos, e o medo ás veces tórnase en ira. María, soa, segue a espreitar o mar na noite, e as sombras da opresión, da intolerancia, da cobiza, da envexa do odio, da humillación, do maltrato, da ignominia, da morte ...seguen a asexala.
Pero nós queremos contar, ou mellor entonar, un canto á liberdade, e cito outra vez a Xerardo Dasairas :
María Soliño convírtese nun canto á liberdade e porén nun ataque directo a calquera xeito de opresión veña de onde veña.
Queremos contar unha historia, unha historia nosa e tamén para nós, na que poder participar e na que poder reflectirnos nun tempo ou cecais en todos os tempos.
Xa toca facelo.
Baseado nos textos de:
XOSÉ MANUEL PAZOS
e un poema de ENMA COUCEIRO
REPARTO:
MARÍA SALGUEIRO
AITOR REI
FRAN PAREDES
LAUREN ATANES
RICARDO CONDE
BAILARINAS:CARMELA BUENO
LETICIA ALFAYA
MÚSICA:
XOSÉ PUMAR
PILAR GONÇALVES
XOSÉ MACEDA
EMILIO PICHEL
FERNANDO VALLADARES
CRISTÓBAL PRIETO
SARA MALVIDO
ASISTENCIA TÉCNICA:
HÉCTOR PAZOS
DIEGO CAMAÑO
SERAFÍN PIÑEIRO
ANXO GRAÑA
PATRÓNS DOS BARCOS:
BART SWITNK do “NORDWEST”
LUÍS IGLESIAS do “NUEVO SOFÍA”
VÍDEO: FOTOVIDEO VÍCTOR
REALIZACIÓN VESTIARIO:
MILA ABAL
DESEÑO CARTEL E PROGRAMA: DIEGO S. SEIXO
ESCENOGRAFÍA E ATREZO: PABLO GIRÁLDEZ "PASTOR"
DESEÑO ILUMINACIÓN: SALVADOR DEL RÍO
MUSICA ORIXINAL:
XOSÉ PUMAR ARMADA
DESEÑO VESTIARIO: SONIA RÚA
AXDTE. PRODUCIÓN:
MARÍA MARTÍNEZ
PRODUCIÓN EXECUTIVA: SALVADOR DEL RÍO
DIR. COREOGRAFÍA LOITA: LAUREN ATANES
DIR.COREOGRAFÍA DANZAS: OLGA CAMESELLE "LEZ"
DIRECCIÓN DE ACTORES E MOVEMENTO ESCÉNICO:
PEPA BARREIRO
CASILDA ALFARO