ATRA BILE
atra bile
10/09/2009
Nazaria, Daría e Aurora son tres irmás xa anciás que viviron toda a súa vida xuntas nunha gran casona dun pobo calquera. Esta noite de xoves están reunidas para velar o cadáver do marido de Nazaria, a única que casou, acompañadas da fiel criada de Nazaria, Ulpiana. E será ao redor deste velorio cando saian á luz as eternas querelas entre as irmás e eses segredos ocultos que permanecen alí, latexantes, durante cincuenta anos.
O elemento común que une a estas catro mulleres é o difunto marido de Nazaria que permanece en escena durante todo o tempo no que se desenvolve a obra e que de unha maneira ou outra formou parte da vida das catro mulleres, como se irá descubrindo ao longo da obra, e que sempre deixou un pouso de amargura biliosa nelas. A partir del e das discusións que a súa propia presencia provoca descubrirán os segredos que as catro mulleres foron gardando o longo dos anos, e será o responsable de que afloren nelas sentimentos que constituirán un abano onde teñen cabida todas as cores do espectro sentimental: odio, amor enfermizo, vinganza, xenreira, tristura, noxo… Estes sentimentos son os que moven o fio argumental e conducen os personaxes a unha traxedia fallida (ou casi) na que desemboca a obra.
Atra Bilis é unha obra de teatro escrita pola madrileña Laila Ripoll no ano 2000, que foi finalista do Premio Nacional de Literatura Dramática do ano 2002, e finalista dos Premios Max 2003. Trátase dunha obra protagonizada por catro personaxes femininos totalmente diferentes entre si, o que lle da unha gran riqueza de contrastes que se comproba ao lela.
Se hai algo que percorre todo o montaxe (sen pretensión de denuncia nin moralexa) é unha clara débeda ao realismo máxico e unha homenaxe literaria aos mestres de Ripoll. A obra leva por subtítulo “Cando esteamos máis tranquilas...”, recolle o froito caído do imaxinario de autores como Poe, Borges ou Rulfo, a quen tanto debe Ripoll. De Borges herda a autora o xogo co tempo, que intenta trasladar o texto, e de Rulfo a tristeza e a soidade que planea sobre toda Atra Bilis. “Os autores que máis me influíron nesta obra son Valle-Inclán, Lorca e Arrabal. O noventa por cento da temática galega de Valle está contida aquí e o meu teatro débelle moito. Pero sobre todo Lorca e a súa Casa de Bernarda Alba son influencias ineludibles en Atra Bilis. Toda a traxedia rural, e a situación das mulleres oprimidas no pobo son herdadas do drama lorquiano”.
A partir do texto de:
LAILA RIPOLL
REPARTO:
SONIA RÚA
CASILDA ALFARO
JOSI LAGE
DAVID NOVAS
FRAN PAREDES
técnicos: Héctor Pazos e Diego Camaño
tradución: Xosé Manuel Pazos
maquillaxe: Fany Bell
música: Anxo Graña
deseño gráfico: Diego S. Seixo
escenografía: Pablo Giráldez
deseño vestiario: Carlos Alonso
deseño iluminación: Etelvino Vázquez
confección vestiario: Mila Abal
oficina: María Martínez
distribución: Christelle Lory
produción: Salvador Del Río
axdte. dirección: Santiago Cortegoso
dirección: Etelvino Vázquez